Praza pública Blogs
Hoxe en Praza:

Un claro no bosque

Blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade
Sobre o blog  Os autores  

Onte finou Xose Reigosa Solleiro

Xose reigosaOnte finou Xosé Reigosa Solleiro.

Desde onte o movemento ecoloxista, o activismo veciñal e todas as persoas que dende o seu recuncho de vida pulamos por mudar a realidade na procura dunha sociedade máis xusta e sustentable ficamos un pouco máis sós e un pouco máis orfos.

Xosé traballou arreo en todas as facianas da súa vida no activismo social e ambiental. Salvemos Monteferro , A Ría non se Vende e Galiza non se Vende foron as súas ferramentas nos últimos anos mais sempre estaba disposto a traballar e apoiar calquera iniciativa que supuxera defender o país e as súas xentes fronte as agresións que un sistema capitalista desbocado perpetra sobre as xentes do común.

Home pousado e conciliador, nunca deixou que os dogmatismos impediran integrar nunha mesma loita a xentes das máis variadas ideas. Procurando sempre o que une, o seu activismo incansable foi un acicate para moitas de nos e botarémolo moito de menos

Ate máis ver, Xosé Reigosa. Terémoste connosco nestes anos escuros e duros anos que se achegan